Meses atrás participamos en varias reunións mantidas entre reperesentantes da hostalería local e o grupo de goberno anterior co obxectivo de chegar a un acordo para modificar a ordenanza reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
Nestas reunións acordáronse varios puntos comúns e presentouse á corporación unha proposta para a modificación da citada ordenanza.
O pasado luns solicitamos unha reunión co novo Alcalde para retomar este tema e remitímoslle a mesma proposta de modificación que se lle propuxo ao anterior goberno.
Na tarde de onte recibimos un correo electrónico en resposta á nosa solicitude no que o Alcalde nos confirmaba que recibiran a domumentación que enviamos e que ían estudala para logo prantexar unha reunión á que o seu goberno acudirá cunha proposta propia.
Agardamos poder darvos máis información proximamente.